El VII Rally Sur do Condado 2010 calienta motores


A Escudería SURCO organiza o VII Rallye Sur do Condado Gedas, que se desenvolverá dende o día 9 ata o día 11 de Xullo do ano 2.010.
Este Rallye disputarase de acordo co establecido nas Prescricións Comúns os Campionatos e Copas de
Galicia 2010, as Prescricións Comúns para Rallyes, o Regulamento Xeral, e o presente Regulamento Particular da Proba, no C.D.I. (e os seus anexos); as Prescricións Xerais aplicadas a tódolos Campionatos e Copas FIA, e no seu caso, as condicións de organización comúns os Campionatos do Mundo, de Europa e de España de Rallyes e os Regulamentos Xerais dos mesmos, aprobado pola Federación Galega de Automobilismo o día 8 de Maio de 2.010.

Rallye puntuable para o Campionato de Galicia de Rallyes sobre Asfalto con Coeficiente 8, que constará de 4 treitos que se realizarán dúas veces cada un, superando os 91 kms de treitos cronometrados..

O Rallye ten licencia da Federación Galega de Automobilismo nº GA-030-RA e será puntuable para os seguintes campionatos e copas:

Campionato de Galicia de Rallyes sobre Asfalto (Grupos N, A e X), con coeficiente 8.

  • • Copa de Galicia de Rallyes para Pilotos (Grupos N, A e X).
  • • Copa de Galicia de Rallyes para Navegantes (Grupos N, A e X).
  • • Copa de Galicia de Rallyes para o Grupo “N”.
  • • Copa de Galicia de Rallyes para o Grupo “A”.
  • • Copa de Galicia de Rallyes para o Grupo “X”.
  • • Copa de Galicia de Rallyes para Escudarías (Grupos N, A e X).
  • • Copa de Galicia de Rallyes para Marcas (Grupos N e A).
  • • Copa Top Ten Driver Pirelli 2010.
  • • Volante RACC – Galicia 2010.
  • • Copa Kumho 2010.
  • • II Trofeo Curuxarallye.

Programa horario

Tags: , , ,


Deje un comentario: